A páxina actual é a primeira versión deste proxecto colaborativo, polo que actualmente estamos nun proceso aberto de escoita e mellora.
As reflexións e ideas que se recollen nos RETOS buscan sintentizar traballos e conversas colectivas, polo que as achegas que amplíen a pluralidade de voces e puntos de vista serán sempre benvidas. Intentamos indentificar tamén as entidades ou persoas que xa traballaron nos distintos temas, para facilitar as conexións e evitar partir de cero en novas accións. Se existira algunha ausencia significativa será estupendo incorporala.
Agradecemos poder recibir tamén novos RECURSOS e INICIATIVAS, as cales permitan inspirarnos e camiñar cara modelos máis sustentables de traballo na xestión cultural.
No caso de enviarnos un novo recurso ou iniciativa agradecemos que no campo "mensaxe" poidan incluírse xa os seguintes datos:
- Título da proposta
- Entidade/persoa que a promove
- Breve descrición (optativo)
- Enlace/s onde poder coñecela ou ampliar información
- Observacións polas que consideras que é un recurso interesante (optativo)