¡Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Coidar de nós

OS RETOS

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Nesta sección compartimos unha panorámica dos desafíos que afectan á calidade de vida e ao traballo das profesionais da xestión cultural. Identificámolos a través da investigación, dos espazos de encontro promovidos e das achegas das asociacións sectoriais compañeiras nesta viaxe.

Para cada reto intentamos recompilar avances e iniciativas impulsadas por diferentes organizacións. Buscamos así inspirar a continuidade ou activación de novos traballos de mellora das condicións laborais, pero tamén animando a fuxir da tentación de pensar que partimos de cero en cada territorio ou nova iniciativa.

Agardamos que isto permita avanzar a través das colaboracións entre axentes, aproveitando os esforzos sectoriais previos e o coñecemento profesional xerado nos últimos anos.

Marco laboral (sector público)

A profesión da xestión cultural xorde desde o traballo no ámbito público, sendo tamén a acción cultural da administración pública nos seus diferentes niveis quen determina os recursos, condicións de traballo e oportunidades para o resto de axentes culturais. Ao tratarse dun oficio relativamente recente, un dos primeiros obxectivos das asociacións sectoriais foi e continúa a ser contar cun perfil profesional ben definido, cunhas tipoloxías, funcións, responsabilidades e retribucións de referencia. Veremos tamén como temos un tecido público da cultura maioritariamente composto por pequenas entidades, locais e de proximidade, con déficit de persoal e equipos moi reducidos -cando non unipersoais- e onde ás traballadoras públicas, igual que na sanidade ou na educación, cada vez se lles esixe máis con menos.  Tamén atopamos precariedade nas externalizacións de servizos, onde non sempre se garanten unhas condicións dignas. Se ollamos ao conxunto do sistema, á fraxilidade das institucións e ao efémero de moitos dos proxectos que nelas se poden desenvolver, identificamos un sector público precario.

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


Marco laboral (sector privado)

Dentro do tecido de profesionais e entidades privadas que fan posibles os proxectos culturais, na maioría dos casos directa ou indirectamente condicionados polos recursos e políticas culturais públicas, sinálase unha precariedade amplamente instalada no sector: inestabilidade, intermitencia, baixa remuneración, moito autoemprego forzado, poucos dereitos e en definitiva, condicións que moitas veces non permiten soster unha vida digna. Esta situación, máis aló de cuestións estruturais e transversais da economía, ten unha relación directa cunha alta atomización, cunha reducida actividade corporativista e sindical, pero tamén cun gran descoñecemento de cuestións económicas, laborais, fiscais e legais básicas cando se traballa desde o autoemprego. Existen ademais particularidades vinculadas ao importante peso do terceiro sector.

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


Cooperación público-privada

Non é posible entender o sector cultural hoxe sen a cooperación entre axentes públicos, privados e do terceiro sector. A súa relación articúlase a través do marco lexislativo, normativo e das ferramentas administrativas, de contratación e de convocatorias de axudas. A veces por descoñecemento, a veces por desidia, estas poden ser espazos de coidados… ou de auténtica violencia burocrática. A responsabilidade é de dobre sentido, xa que desde o sector privado tamén debe existir un maior esforzo de interlocución e comprensión da esfera pública. Se non se coñece o marco normativo e as limitacións do día a día, é máis difícil identificar as claves para establecer relacións de colaboración máis efectivas para todas as partes.

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


Recursos

As condicións materiais coas que se conta nun sector son o elemento principal que vai definir a calidade do traballo, entendido tanto para quen o ten que desenvolver como en termos dos resultados finais do que se produce. Traballamos maioritariamente con poucos recursos económicos e humanos, non sempre porque non existan, senón tamén porque determinadas políticas culturais priorizan unhas liñas e descoidan moitas outras. Sinálase que unha maior atención e orzamentos só chegarán se avanzamos no recoñecemento social do noso traballo, especialmente para garantir os dereitos culturais da cidadanía. Neste camiño, tamén vemos como fomentar a diversificación de financiamento permite dotar de máis autonomía e sustentabilidade aos proxectos culturais.

 


Comprender e planificar

Sen datos para a diagnose, unha planificación estratéxica e unha cultura da avaliación nas organizacións, especialmente as públicas, as persoas traballadoras do sector vense arrastradas por dinámicas de improvisación e atención constante ao inmediato. O que deriva nun desaproveitamento dos xa de por si limitados recursos e unha menor produtividade, ademais de problemas de saúde mental. Entendernos para poder actuar e avanzar require tamén afrontar que o sector cultural, coa súa ampla diversidade, atópase actualmente moi parcelado e ensimismado sectorialmente. O que se traduce nun gran descoñecemento entre axentes de distintos ámbitos, incluso estando a explorar en paralelo solucións a retos similares. Desde as políticas culturais é importante identificar os puntos comúns, axudar a vertebrar, pero tamén saber atender as especificidades das diferentes disciplinas. Ademais de avanzar nun maior grao de coordinación entre o conxunto de administracións con competencias no sector cultural.


Fendas e desigualdades

O sector cultural e creativo aliméntase dun continxente de man de obra entusiasta, aínda que maioritariamente infra-remunerado. O que impide soster un proxecto profesional e de vida en moitos casos. Quen vai quedando no sector que poida resistir as súas condicións? Que perfís, voces e olladas están a quedar fóra? As diferentes fendas identificadas tradúcense en desigualdade para acceder e poder manterse nas ocupacións culturais, pero tamén nas posibilidades de progresar profesionalmente e acadar o mesmo recoñecemento e visibilidade. Aínda que abordamos con máis detalle só algunhas destas fendas, tamén debemos mencionar outras como a orixe, etnia ou de xeito máis transversal as causas socioeconómicas, que impiden a participación de diferentes colectivos na porcentaxe que debera corresponderlle na vida e no traballo cultural. 

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


Estruturas colectivas de coidados

A elevada atomización do sector privado (autónomas e microentidades) e o déficit de persoal nas institucións públicas, implica moitas dificultades para saír de dinámicas nas que debemos afrontar os diferentes retos en soidade. O papel das asociacións profesionais resulta clave, pero tamén existen fórmulas colectivas máis informais ou efémeras de cooperación. Desde unha perspectiva laboral os modelos da economía social ofrecen un marco para que persoas traballadoras poidan sumar esforzos, dentro de equipos onde priorizar os autocoidados.


Coñecemento especializado

Outra consecuencia da atomización do sector privado (autónomas e microentidades) e o déficit de persoal nas institucións públicas son as excesivas cargas multitarefa -tanto nas que poidamos estar especializados coma nas que non, pero non podemos externalizar-, ter que compaxinar varios proxectos e tipos de tarefas simultáneas e, en definitiva, baixa produtividade e unha cronificación da falta de tempo. Pérdense moitas enerxías en intentar aprender a facer -mal- un pouco de todo, o que tamén xera frustración, problemas de autoestima e de saúde mental. Todo isto levado en soidade. Algunhas estratexias para rescatar tempo e mellorar a produtividade pasan por acceder a coñecemento especializado, que moitas veces non ten fácil visibilizarse e viabilizar a súa actividade, ademais de fórmulas de cooperación e mutualización de coñecementos e servizos


Tempo para coidar (de nós e dos nosos proxectos)

Tanto no sector da creación como nos proxectos culturais, vivimos nunha frenética dinámica de sobreprodución de cultura fast food. Un modelo de contidos culturais que non deixan tempo a pensar, nin para quen produce, nin para quen consume. Ante esta situación insustentable, xorde a necesidade de xerar contextos para a creación lenta, para a investigación e a innovación na cultura.