¡Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Coidar de nós

O PROXECTO COIDAR DE NÓS

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Esta iniciativa nace coa intención de abordar a sustentabilidade e as condicións laborais das persoas que traballan na xestión cultural. Un tema transversal e moi presente cando nos reunimos en foros e espazos profesionais. O consenso xeral apunta a unha preocupante situación de precariedade e vulnerabilidade que afecta a unha boa parte de nós, tamén ás compañeiras e compañeiros do resto de disciplinas e oficios que fan posible a actividade cultural profesional.

Non é algo que afecte exclusivamente ao noso sector, pero si que reunimos importantes factores de risco como a elevada atomización (traballadoras autónomas ou entidades públicas e privadas con equipos moi reducidos, cando non unipersoais), alta intermitencia laboral, moito autoemprego e escasa oferta estable por conta allea (especialmente no ámbito privado) e déficit de recursos materiais e humanos nas institucións públicas. Todo isto provoca que as dificultades do día a día deban afrontarse habitualmente en solitario, sumando así outros factores de risco que ademais fan disminuír a produtividade: unha excesiva carga multitarefa (tanto nas que poidamos estar especializadas como noutras nas que non, pero non se conseguen externalizar), ter que compaxinar varios traballos ou proxectos simultáneos no sector privado para acadar uns ingresos mínimos e en xeral, unha crónica falta de tempo. O cal afecta á calidade do traballo que se pode desenvolver, pero que tamén ten repercusións no plano persoal. Desde as dificultades de conciliación ata os problemas de saúde, especialmente a mental.

Se imos un pouco máis aló, atopamos no sector unha necesidade de reunir un maior coñecemento económico, financeiro e legal. Isto convive especialmente mal coa particular predisposición sectorial a sacar adiante proxectos aínda que non sempre teñan unha viabilidade clara, tamén para atopar quen preste servizos por debaixo dunhas condicións dignas. Vemos ademais como medra gradualmente a complexidade do noso labor, da lexislación aplicable e dos procesos burocráticos no ámbito da cultura, ademais da aparición continua de novos retos, como a transformación dixital, a inclusión ou a sustentabilidade.

Ante a dificultade de ampliar equipos ou contar con asesoramento externo especializado, todas elas son novas frontes que na maioría dos casos son asumidas como responsabilidades de mellora individual. Para o que é preciso máis tempo. Un tempo que non temos. O que impide artellar solucións, tamén a través da organización colectiva, para que as profesionais da xestión cultural que sostemos o sistema cultural, público e privado, poidamos contar cos recursos e o tempo para acadar o noso principal propósito: garantir os dereitos culturais da cidadanía.

 

A PROPOSTA DA AGPXC

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Con este novo proxecto “Coidar de nós, para coidar da cultura”, a AGPXC quixo ir máis aló dos encontros terapéuticos e abrir un proceso colectivo na busca de diagnoses máis concretas, iniciativas inspiradoras e posibles solucións prácticas. Todo isto co reto de avanzar cara modelos máis sustentables de traballo na xestión cultural. O que sen dúbida tamén incidirá na calidade e impacto dos propios proxectos para os seus destinatarios finais: a cidadanía. Inspirámonos con este fin no marco da Axenda 2030 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da ONU. Poñendo o foco en concreto en dous destes ODS: traballo decente (nº 8) e saúde e benestar (nº 3).

Esta iniciativa, contou para o seu impulso inicial entre 2022 e 2023 co apoio económico principal do Ministerio de Cultura e Deporte. E segue a liña doutras iniciativas anteriores que a AGPXC impulsou arredor das boas prácticas profesionais. A través de espazos de reflexión, elaboración de manuais, guías e proxectos web con experiencias inspiradoras.

Todos os contidos están dispoñibles en galego e castelán, co obxectivo de que sexa unha ferramenta de utilidade profesional para compañeiras do ámbito iberoamericano. En todo este proceso a AGPXC contou co apoio da Federación Estatal (FEAGC) e outras asociacións profesionais estatais. Ademais de coa participación activa de moitas xestoras e xestores culturais, tanto do ámbito público como do privado.

En 2024 o proxecto inicia unha nova fase co apoio económico da área de Cultura da Deputación Provincial da Coruña, que permitirá desenvolver novos recursos e accións adaptadas á realidade profesional galega.

 

 

O PROCESO

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
  • ENCONTROS e CONEXIÓNS entre profesionais da xestión cultural foron o motor inicial do proxecto. Buscamos reflexionar sobre os retos da nosa profesión arredor das condicións nas que traballamos, ademais de recoller achegas sobre o que colectivamente consideramos que deberan ser unhas condicións máis sustentables.

 

Conexións virtuais con axentes estatais e iberoamericanos da xestión cultural.

 

  • CONVOCATORIAS ABERTAS e MAPEO PARTICIPATIVO de recursos e iniciativas inspiradoras, onde contamos coa colaboración de entidades educativas e asociacións estatais da xestión cultural. Tamén nos encontros celebrados presencialmente.

  • ACCIÓNS FORMATIVAS para o ámbito iberoamericano: “Gestionar la cultura en clave de sostenibilidad: formarse por nuestra salud y la del planeta” (marzo 2023). Celebráronse en formato obradoiro en liña, co apoio de contidos asíncronos dispoñibles para ampliar:
    • “De la sostenibilidad a la cultura sostenible”, empregando como fío práctico o deseño dun “plan de sustentabilidade” dun proxecto.
    • “Evaluación de proyectos culturales desde la sostenibilidad”, para entender como introducir na práctica indicadores de sustentabilidade.


  • ESPAZO DIXITAL e ACCIÓNS DIVULGATIVAS, coas que compartimos o coñecemento xerado no proceso. A páxina web actual é a primeira versión deste proxecto colaborativo, polo que actualmente estamos nun proceso aberto de escoita e mellora.

 

CRÉDITOS

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
  • Entidade impulsora: Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.
  • Deseño, coordinación e elaboración de contidos: Sergio Lago (BenCuriosa | CEUXiC USC).
  • Produción de eventos presenciais e xestión: Adriana Castro Tarela e Mon Rivas (AGPXC).
  • Comunicación: Arancha Estévez.
  • Apoio técnico formacións en liña e revisión de textos: Ruth Sousa (BenCuriosa).
  • Deseño gráfico e web: Triwus.
  • As imaxes utilizadas na web son de: Unplash (varios autores), Freepik (varios autores), Pablo Chouza (encontros presenciais) e extraídas das páxinas web das iniciativas reseñadas.