¡Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Coidar de nós
Imagen de ijeab en Freepik

Canto debo cobrar?

Retribucións de profesionais independentes

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Se ben sinalabamos que unha maior contratación laboral por conta allea debera ser o camiño para mellorar a situación xeral, a realidade actual mostra unha gran cantidade de profesionais operando desde o autoemprego, especialmente no réxime de autónomos (RETA).

 

Esta atomización paradoxalmente supón vantaxes para moitos axentes do sector, tamén do público. Porque permite acceder a unha masa de microestruturas e autónomos cun nivel de flexibilidade moi alto, a prezos baixos, sen protección sindical nin mecanismos de defensa dos seus dereitos colectivos. Non se pode considerar que exista unha “estratexia perversa” para que isto suceda senón que, por inercia e estando tan extendido, acaba por considerarse “o normal” que gran parte do sector opere por conta propia.

En calquera caso, un traballo como profesional independente non debera ser malo por si mesmo. Nin a aspiración de liberdade e flexibilidade que supón. Pero só se responde a unha liberdade de elección e que por norma xeral permita percibir, no mesmo marco profesional, unha maior retribución que estando contratado por conta allea. Incluídos todos os custes salariais e indirectos que lle estamos aforrando ao empregador.

Isto fía con outro requisito para poder operar como autónomo ou empresario cultural, que é a necesidade de reunir un maior coñecemento económico, financeiro e legal no sector.

Traballar en solitario implica unha serie de problemáticas, compartidas noutros retos, pero imos centrarnos aquí na dificultade para establecer a retribución ou tarifas que permitan acadar os ingresos mínimos que aseguren unha vida digna.

 

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Liñas de traballo para avanzar neste reto

 

É posible ofrecer unha táboa retributiva de referencia para profesionais independentes?

Tomando como referencia o marco retributivo do sector público ou dos convenios colectivos, podería establecerse unha equivalencia salarial básica para o mesmo perfil en profesionais independentes. Para elaborala habería que sumar tamén todos os custes indirectos que se asumen e o empregador aforra, como seguros sociais, seguros de responsabilidade civil, ferramentas informáticas ou equipos, etc. e prever que o facturado debe cubrir tamén os tempos de posibles baixas, vacacións, horas non produtivas, etc. Un exemplo para facernos unha idea dos diferentes conceptos sería esta calculadora freelance.

Falamos en calquera caso de axudar a calcular cal sería o importe mínimo de ingresos, igual que se establece nos convenios, por debaixo do cal no caso de profesionais independentes pode considerarse que se estaría a perder cartos traballando. A partir de aí, nada impide que a tarifa sexa maior por demanda, experiencia e prestixio. Ou que en determinados traballos poidamos considerar outros incentivos para investir o noso tempo neles, pero sabendo que é unha decisión consciente.

Estas táboas poderían ofrecer referencias de prezo/hora ou de equivalencias en xornadas de traballo, ben sexa durante unha duración de días determinada (por exemplo, completa durante unha semana) ou establecer unha colaboración regular (por exemplo, ¼ ou equivalente de aproximadamente 10 horas semanais). Tamén poderían elaborarse para servizos ou entregables definidos, calculando os tempos habituais que requiren, sempre que puideran ser equiparables ou comúns para diferentes profesionais.

 

Como poder aplicar unhas tarifas adecuadas aos clientes?

Unhas táboas ou uns cálculos persoais dos ingresos mínimos mensuais precisos supoñen unha mellora importante con respecto a estar traballando sen referencias. Especialmente en traballadoras/es noveis. Evita tamén caer en negociacións por debaixo do que se considere xusto e identificar prácticas de competencia desleal.

Pero a maior dificultade soe ser precisamente calcular canto tempo requerirá un traballo, especialmente que non estea ligado a desenvolver unhas tarefas durante un tempo concreto. Hai traballos nos que ademais da participación presencial, si podemos valorar tamén os tempos de preparación, que podemos monitorizar con diferentes ferramentas ou simplemente anotar.

Pero hai tamén outros factores, como a experiencia ou o grao de coñecemento experto, que permiten poder facer algo con máis calidade, solvencia ou en menos tempo que outras compañeiras/os e que non implica que deba cobrarse menos.

En definitiva, as diferentes causísticas suxiren a pertinencia de contar con espazos onde compartir coñecementos e tamén dotarse da formación precisa. Isto resulta especialmente necesario para profesionais que dan os primeiros pasos no sector. Onde a tentación de suplir salario digno por expectativas e entusiasmo é maior.

 

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
DETECTACHES ALGÚN ERRO OU POSIBLE MELLORA?

Escríbenos e axúdanos a mellorar estes recursos abertos!

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 COMPARTIR ESTA FICHA:

 

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

RECURSOS E INICIATIVAS INSPIRADORAS PARA ESTE RETO:

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar